%0 Journal Article %A González, Déborah %T Perigos e medos nas "Cantigas de Santa Maria. Do mar e dos seus tormentos" %D 2016 %@ 1130-3611 %U http://hdl.handle.net/10017/32229 %X Nas Cantigas de Santa Maria de Alfonso X, a sociedade medieval aparece representada dun modo máis ou menos realista. Textos e imaxes dan conta da mobilidade característica dos distintos grupos sociais que aparecen retratados nesta colección. Ademais, estas viaxes adoitan presentarse en estreita relación ao marabilloso, de tal modo que se presentan como unha aventura transformadora, non exenta de risco e emocións. Este traballo céntrase naquelas narracións das Cantigas de Santa Maria que incorporan unha travesía por mar, que normalmente aparece descrito como un medio indómito e perigoso para os homes, atendendo ás emocións que se desencadenan neses episodios de perigo mariño. %K Cantigas de Santa Maria %K Lírica galego-portuguesa %K Emocións %K Medo %K Coita %K Perigos do mar %K Galician-Portuguese lyric %K Emotions %K Fear %K Coita (anxiety) %K Dangers of the sea %K Literatura %K Literature %K Humanidades %K Humanities %~ Biblioteca Universidad de Alcala